Conecta con nós

Explore tódalas posibilidades

As nosas pantallas xigantes de tecnoloxía LED para información e publicidade, ofrécenche a posibilidade de interactuar cos viandantes, ofrecendo en momentos clave o teu producto.

Gran Impacto

Colocadas nos puntos estratéxicos e de maior tráfico das cidades

Información en tempo real

As nosas pantallas buscan as miradas do público ofrecendo todo tipo de información de interés en tempo real.

24H / 365 días

Amosan información e a túa publicidade durante todo o día. Con tarifas adaptadas ao pequeno comercio.

Creación de anuncios impactantes

Dispoñemos de DRONES para a realización de anuncios impactantes. Somos Empresa Operadora autorizada por AESA Nº Rex: 2016032867

As mellores ubicacións

Traballamos duro para conseguir as mellores ubicacións para as nosas pantallas xigantes. Desa forma conseguimos que o teu anuncio sexa visto por potenciais clientes, que non teñen que facer nada máis que abrir os ollos.

Zonas de alto tráfico

O teu anuncio será impactante, interactivo, con posibilidade de ofertas diarias, mensuais, etc., adaptámonos a túa campaña. Pero o máis importante é que será visto por miles de persoas diariamente.

Prezos asequibles

Os nosos prezos son os máis asequibles do mercado. Podes poñer o teu anuncio dende só 10€/mes

Pantalla xigante O Grove

Horas
Días
Impactos

Para que usar as nosas pantallas xigantes LED

Son moitos os usos que se lle poden dar as nosas pantallas fixas e de eventos.

Felicitacións

Esta é a maneira máis impactante de felicitar un cumpreanos, boda, ou calquera outro evento.

Repaso a prensa

En horarios puntuais infórmase dos titulares da prensa local e curiosidades do día

Captación novos clientes

Promoción dun novo producto, o teu número de contacto, páxina web, enderezo e indicacións visuais con indicadores e mapas.

Promoción turística

Vídeos promocionais de zonas turísticas de gran interés, promoción de rutas, paisaxes, museos, zonas etnográficas.

Información municipal

Informar de cortes de tráfico, cortes de suministros, desvíos, eventos, horarios de actividades, teléfonos de taxis, farmacias de garda, novas do día, etc.

Esquelas

Na vida é importante saber dos coñecidos, incluso cando estes falecen. Damos a oportunidade de informar casi instantáneamente e con posibilidade de insertar fotos e vídeos para converter ese momento nunha homenaxe.

¡Non agardes máis! ¡Próbao hoxe!

Outros xa están a promocionar os seus negocios, as nosas pantallas xigantes teñen unha capacidade limitada de anunciantes, non quedes fora.

Estas son as nosas tarifas

Témolas mellores tarifas do mercado, adaptada a calquera tamaño de empresa. Recomendámosche os nosos bonos e contratos anuais, aforrarás moitos cartos. Non dubides en solicitarnos máis información, asesorarémoste sen compromiso ningún.

10€/mes

Madrugada

Visible de 02:00 a 08:00
1 impacto cada hora
180 impactos/mes
20" de duración

20€/mes

Mañá

Visible de 08:00 a 14:00
1 impacto cada hora
180 impactos/mes
20" de duración

20€/mes

Tarde

Visible de 14:00 a 20:00
1 impacto cada hora
180 impactos/mes
20" de duración

15€/mes

Noite

Visible de 20:00 a 02:00
1 impacto cada hora
180 impactos/mes
20" de duración

Descubre os nosos Bonos

Para campañas de gran impacto, poñemos ao teu servizo os nosos BONOS, que che dan gran visibilidade 24h ao día e ao mellor prezo.

50€/mes

Bono 1 imp/h - 24h

Visible 24h
1 impacto cada hora
720 impactos/mes
20" de duración

¡Aforras 15€/mes!

90€/mes

Bono 2 imp/h - 24h

Visible 24h
2 impactos cada hora
1440 impactos/mes
20" de duración

¡Aforras 40€/mes!

130€/mes

Bono 3 imp/h - 24h

Visible 24h
3 impactos cada hora
2160 impactos/mes
20" de duración

¡Aforras 65€/mes!

150€/mes

Bono 4 imp/h - 24h

Visible 24h
4 impactos cada hora
2880 impactos/mes
20" de duración

¡Aforras 110€/mes!

Preguntas frecuentes

Resolve as túas dúbidas coas preguntas doutros usuarios. Se hai algo ao que non lle atopas resposta, contacta con nós e trataremos de darche resposta.

A pantalla só amosa publicidade?

Non. As nosas pantallas son novas canles de información para os cidadáns, nas que se xeran contidos interesantes para chamar a atención, e nos que a túa publicidade será insertada entre eses contidos.

Canto dura un anuncio?

Os anuncios son vídeos ou animacións de gran impacto cunha duración de 20 segundos en cada aparición.

Cantas veces se repite o meu anuncio?

Iso depende da tarifa que escollas. As veces que aparece o teu anuncio ven indicada como impactos. Por exemplo, se escolles a tarifa de 20€ entre as 08:00 e 14:00, o teu anuncio aparecerá unha vez cada hora, polo tanto, 6 veces cada día.

O meu anuncio aparecerá a pantalla completa?

Os anuncios que aparecen a pantalla completa son os que se contratan con bonos. Os demáis anuncios poden compartir pantalla con información, nunca con outra publicidade. Pero sempre ocuparán como mínimo a metade da pantalla.

Podo contratar varias tarifas para aumentar a visibilidade do meu anuncio?

Por suposto, nós poñemos a túa disposición uns bonos que fan que o teu anuncio apareza durante as 24h do día a un prezo reducido. Aínda así, pódense acumular dous ou máis bonos, ou tarifas, para deste xeito multiplicar as aparicións por hora, ou nun determinado horario.

Pódese poñer un anuncio un só día?

Si, pero as nosas tarifas son mensuais, e non se dividen en días, polo tanto o prezo é do mes completo.

Canto custa a creación dos anuncios?

O prezo das creacións dos anuncios é de 100€ para animacións e de 200€ para vídeos. Podes aforrar este custe coa contratación de calquera dos nosos bonos de forma anual, deste xeito terás a creación do teu primeiro anuncio de balde.

Pódese contratar a grabación dun anuncio que non sexa para utilizar nas pantallas de DabyzSoft Publicidade Interactiva?

Si, pero debes contactar connós para explicarnos a túa idea, e nós presentaremosche un orzamento adaptado a ti.